Por Resolución do 25 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/054-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 6 de outubro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/054-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Proxecto modificado 1 de LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.
Situación: Concello de Ourense.
|
Predio |
Propietarios |
Afección |
||||||||
|
Núm. |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Ref. catastral |
Apoio ou CTC |
Servidume de voo |
Canaliz. sot. |
|||
|
Núm. |
Sup. ocup.(m2) |
Lonx. (m) |
Sup. ocup.(m2) |
Lonx. (m) |
Sup. ocup.(m2) |
|||||
|
2 |
San Sellao |
Monte alto |
Descoñecido |
32900A173001510000LR |
CTC |
15 |
6 |
25 |
||
|
3 |
Serra Coteron |
Matogueira |
Descoñecido |
32900A173003300000LG |
D15-3-1 |
2 |
||||
|
4 |
Rúa Cuartel |
Matogueira |
Descoñecido |
6738502NG9863N0000ZG |
D15-3-2 |
2 |
2,00 |
71,00 |
||
|
5 |
Serra Coteron |
Prado/labor |
Descoñecido |
32900A173002480000LI |
9,00 |
110,00 |
||||
|
6 |
Serra Coteron |
Prado/labor |
Descoñecido |
32900A173002450000LR |
35,00 |
558,00 |
||||
|
7/1 |
Serra Coteron |
Prado |
Descoñecido |
32900A173003220000LH |
D15-3-3 |
1 |
0 |
12 |
4 |
5 |
|
8 |
Rúa Cuartel |
Prado |
Descoñecido |
6738510NG9863N0000BG |
CTC |
15 |
4 |
13 |
||
