BDNS (Identif.): 841376.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/841376
Primeiro. Apertura de prazo
Ábrese un novo prazo para a presentación de solicitudes de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2025/26 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.
Segundo. Prazas convocadas
O número de novas prazas convocadas en residencias xuvenís e a súa distribución por residencias é o seguinte:
|
Concello |
Residencia |
Nº prazas BS303B (persoas estudantes non bolseiras) |
Nº prazas BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras) |
Nº prazas BS303D (persoas traballadoras) |
Total |
|
Lugo |
Centro Residencial Xuvenil LUG |
3 |
1 |
6 |
10 |
|
Ourense |
Florentino López Cuevillas |
2 |
0 |
0 |
2 |
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 21.5.2025; DOG nº 105, do 4 de xuño)
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
