O 4 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 105 a Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos do procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
O 5 de setembro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 171 a Resolución do 28 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se dá publicidade ás resolucións de adxudicación de prazas e concesión de bolsas nas residencias xuvenís ao abeiro da Orde do 21 de maio de 2025 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e da Resolución do 5 de xuño de 2025 pola que se convocan para o curso académico 2025/26 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
O artigo 16.3, da Resolución do 5 de xuño de 2025 pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependente desta consellería, dispón que, esgotadas as listas de espera e para o caso de existiren prazas vacantes en todos ou nalgún dos procedementos e residencias previstas na convocatoria, se publicará no Diario Oficial de Galicia a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas ou bolsas vacantes.
En consecuencia, tendo en conta o número de prazas que quedaron vacantes nas residencias xuvenís galegas e a alta demanda de prazas que segue a haber por parte das persoas estudantes e traballadoras, cómpre abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para cubrir esas prazas vacantes.
Por todo o anterior, en virtude das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Apertura de prazo
Abrir de novo un prazo para a presentación de solicitudes de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2025/26 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.
Artigo 2. Prazas convocadas
O número de novas prazas convocadas en residencias xuvenís e a súa distribución por residencias é o seguinte:
|
Concello |
Residencia |
Nº prazas BS303B (persoas estudantes non bolseiras) |
Nº prazas BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras) |
Nº prazas BS303D (persoas traballadoras) |
Total |
|
Lugo |
Centro Residencial Xuvenil LUG |
3 |
1 |
6 |
10 |
|
Ourense |
Florentino López Cuevillas |
2 |
0 |
0 |
2 |
Disposición derradeira. Entrada en vigor
A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 21.5.2025; DOG nº 105, do 4 de xuño)
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
