Prazas: 1 (unha) praza de responsable de sistemas da información e comunicacións.
Tipo de contrato: contrato fixo.
Proceso selectivo: concurso-oposición.
As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, na rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén na páxina web www.portovilagarcia.es
As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría e páxina web www.portovilagarcia.es
Vilagarcía de Arousa, 29 de setembro de 2025
José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría
