No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 182, do 24 de setembro de 2025, publicouse anuncio da convocatoria e das bases específicas que rexen a convocatoria para a cobertura en quenda libre e por persoal funcionario dunha praza vacante no Concello de Vilaboa incluída na oferta de emprego público (OEP) do ano 2025 que a seguir se sinala:
|
Nº |
Denominación |
Tipo persoal |
Escala/subescala/clase |
Grupo/ subgrupo |
|
1 |
Arquitecto/a técnico |
Funcionario |
Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios |
A/A2 |
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Vilaboa, 24 de setembro de 2025
César Poza González
Alcalde
