No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPP) número 197, do 15 de outubro de 2025, publicouse a convocatoria pública para a provisión con carácter temporal en comisión de servizos, por razóns de necesidade e urxencia, dun posto de técnico/a de Administración xeral no Servizo de Contratación, a través dun proceso aberto a todas as administracións públicas.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio co extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Vigo, 15 de outubro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución do 28.6.2024 e Acordo do 26.9.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
