Pola Resolución reitoral do 21 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024 e BOE do 22 de abril de 2024) convócanse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas vacantes da escala administrativa da USC, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre. Con data do 23 de setembro de 2025, o tribunal publicou a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 8 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que, segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo a súa preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a opción «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar a solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo na escala administrativa convocadas á elección de destino
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4847** |
Varela Díaz, Julián |
|
2 |
***0504** |
Calvo Villar, Sonia |
|
3 |
***3962** |
Vázquez Gómez, Iván |
|
4 |
***6540** |
Lojo Hermo, María Lorena |
|
5 |
***4994** |
Chantada Adán, Raquel |
|
6 |
***5828** |
Lombán Pazos, Alicia |
|
7 |
***3540** |
Boo Carril, Almudena |
|
8 |
***8409** |
Espino Cid, Lúa |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PF000331 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Dereito |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa/Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado |
|
PF000357 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000360 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Física |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Física de Partículas |
|
PF000362 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Xeografía e Historia |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Xeografía |
|
PF000366 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Matemáticas |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Matemáticas |
|
PF000370 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Enxeñaría Química |
|
PF000371 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía |
|
PF000384 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias Económicas |
18 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Economía Cuantitativa |
