DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 54963

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade, do 6 de maio de 2025 (DOG do 15 de maio), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato pola persoa interesada, que se deberá realizar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 9 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

PPL2401-X05-205-PPL-TC-01

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0205 Didáctica das Ciencias Experimentais

Departamento:

D00X05 Didácticas Especiais

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

DNI:

***8613**

Nome e apelidos:

María Asunción Lorenzo Rial