DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 54965

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación á que fai referencia a base 8ª da convocatoria,

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 9 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-H03-370-TU-TC-01

Corpo:

profesora titular de universidade

Área de coñecemento:

A0370 Filoloxías Galega e Portuguesa

Departamento:

D00H03 Filoloxía Galega e Latina

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

DNI:

***9628**

Nome e apelidos:

Ana Acuña Trabazo

Código:

TU2405-T03-495-TU-TC-01

Corpo:

profesor titular de universidade

Área de coñecemento:

A0495 Enxeñaría Aeroespacial

Departamento:

D00T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Centro de traballo:

107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

DNI:

***3982**

Nome e apelidos:

Carlos Ulloa Sande

Código:

TU2405-T03-545-TU-TC-01

Corpo:

profesor titular de universidade

Área de coñecemento:

A0545 Enxeñería Mecánica

Departamento:

D00T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI:

***4334**

Nome e apelidos:

Jacobo González Baldonedo