De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 68.bis.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os actos foron adoptados polo xefe do Servizo de Montes.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.
Lugo, 7 de outubro de 2025
María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
NIF persoa interesada |
Referencia catastral das parcelas afectadas |
Acto de notificación |
|
DMM 138/2025 |
33773335C |
27007A035000710000GS |
Requirimento |
|
DMM 138/2025 |
33773334L |
27007A035000710000GS |
Requirimento |
