DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública o Proxecto de urbanización da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

Asunto: Proxecto de urbanización da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (PTL Vigo).

Concello: Vigo (Pontevedra).

Promotor: Consorcio da Zona Franca de Vigo (ZFV).

En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Proxecto de urbanización da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo a información pública durante o prazo de trinta días hábiles.

Antecedentes:

Primeiro. A ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo está recollida no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG). Polo tanto, trátase dunha actuación prevista no PSOAEG. En desenvolvemento da previsión do PSOAEG, Zona Franca de Vigo elaborou un proxecto sectorial aprobado definitivamente mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de abril de 2020 (DOG núm. 99, do 25 de marzo).

Segundo. A execución das determinacións do proxecto sectorial require a aprobación do proxecto de urbanización. A disposición transitoria terceira da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, establece que as referencias aos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal poderán considerarse realizadas aos proxectos de interese autonómico (PIA). De conformidade co artigo 48 da cita lei, ao ser unha actuación pública, o proxecto de urbanización que desenvolve o PIA será autorizado pola consellería tramitadora do procedemento, a competente en materia de solo empresarial, logo de audiencia aos concellos afectados.

Terceiro. De acordo coa disposición adicional quinta da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a planificación e ordenación das áreas empresariais de interese autonómico reguladas na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, realizarase de acordo cos instrumentos previstos nela, sen prexuízo da aplicación do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, para as cuestións que non estean expresamente reguladas na lei sinalada.

De conformidade coa disposición transitoria segunda e o artigo 64 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, aos proxectos de urbanización seralles de aplicación o réxime de avaliación ambiental e o procedemento de aprobación previsto nos artigos 57, 58 e 59 da dita lei.

Cuarto. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emite Resolución do 22 de xaneiro de 2025 (publicada no DOG núm. 24, do 5 de febreiro) pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto de urbanización (expediente 2023/0100).

Quinto. Zona Franca de Vigo presenta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia con data do 19.9.2025 o proxecto de urbanización da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo adaptado para aprobación inicial.

Sexto. Mediante a Resolución do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, aproba inicialmente o Proxecto de urbanización da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.

O que se fai público, de conformidade co artigos 59 e 64 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria, https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial. Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial