A alcaldesa ditou a Resolución núm. 2025-3311, do 8 de setembro, pola que se aprobaron os criterios da convocatoria para a cobertura de postos vacantes de policía local en comisión de servizos, mediante concurso.
Os criterios da convocatoria publicaranse integramente na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, na epígrafe de emprego público, persoal funcionario) e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.
O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para participar neste proceso selectivo, o persoal funcionario de carreira que pertenza a un corpo da Policía local coa categoría de policía local e que se atope en servizo activo deberá presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no Rexistro Xeral, na sede electrónica ou páxina web do Concello (www.redondela.gal), e será dirixida á Alcaldía, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo en que consten os datos da persoa solicitante, DNI, domicilio, teléfono/s de contacto e correo electrónico.
A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral, na sede electrónica do Concello de Redondela ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Redondela, 1 de outubro de 2025
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa
