DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, pola quenda reservada a persoas con discapacidade, dunha praza de auxiliar de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público para o ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 185, do 29 de setembro de 2025, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante deste concello coas seguintes características:

– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2 de clasificación, denominada auxiliar administrativo/a.

Sistema selectivo: oposición en quenda reservada a persoas discapacitadas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 29 de setembro de 2025

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde