DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a notificación á persoa titular da referencia catastral que se relaciona a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada no procedemento xestione a biomasa vexetal segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como efectúe a retirada de especies arbóreas prohibidas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Referencia catastral

Titular

15092A019003550000BF

15092A019003520000BP

Roi Montero Vélez

Vilarmaior, 2 de outubro de 2025

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde