DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Asimesmo, poderá acceder a través da sede electrónica de esta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 5029/2024).

Referencia catastral

27067A037000500000XX

Situación

Polígono 37, parcela 50, Río Pedroso, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

En investigación. Titular descoñecido

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 4497/2025).

Referencia catastral

3969602PJ1336N0002DL

Situación

CR Ribadeo-Terceira 69, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

En investigación. Titular descoñecido

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 7699/2025).

Referencia catastral

27067A02300100

Situación

Polígono 23, parcela 100, Voz, Viveiro (Lugo)

Referencia catastral

27067A02501082

Situación

Polígono 25, parcela 1082, Pereira, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

Casal Rodríguez, José; NIF descoñecido

Viveiro, 9 de setembro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa