DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible efectuarlles a notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento realicen a xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, están á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Así mesmo, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es

O acto que se vai notificar é a xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas derivado do expediente 7342/2025.

Referencia catastral

27067A042002640000XZ

Situación

Polígono 42, parcela 264, Chaos. Viveiro, Lugo

Persoa responsable/DNI/CIF

En investigación/titular descoñecido

Viveiro, 1 de outubro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa