Dentro das actividades programadas para o ano 2025 no plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, en colaboración coa Asociación de Jefes y Directores de Seguridad de España (AJDSE), anúnciase a convocatoria da Xornada sobre aspectos prácticos da seguridade pública e privada, conforme as seguintes bases:
1. Datos da actividade.
Denominación: Xornada sobre aspectos prácticos da seguridade pública e privada.
Modalidade: presencial.
Obxectivo:
O obxectivo é analizar e comprender a interacción e complementariedade dos sistemas de seguridade en España, estudando a relación entre a seguridade pública e a seguridade privada, así como os diferentes niveis de coordinación policial, actualizar coñecementos sobre o seu marco normativo e xurídico, así como identificar os retos e as oportunidades derivadas das novas tecnoloxías na prestación de servizos de seguridade.
Contidos:
– Importancia da colaboración entre a seguridade pública e a seguridade privada. Modelo de coordinación de policías locais en Galicia.
– Exercicio da cesión de información ante as FCS. Conciliación. Dereitos fundamentais á seguridade e á liberdade. Principios xerais e doutrina xurídica aplicable.
– O modelo policial español. A importancia das xuntas locais de seguridade na prevención do delito e mantemento da seguridade cidadá. As xuntas autonómicas de seguridade. O papel das policías autonómicas, unidades adscritas do Corpo Nacional de Policía, Corpo Nacional de Policía e Garda Civil nos ditos ámbitos.
– O modelo español da seguridade privada. Presente e futuro da súa regulación. As novas normativas como NIS2.
– A formación permanente do director de seguridade, novas competencias e habilidades directivas no mundo virtual.
As novas tecnoloxías nos servizos de seguridade privada e seguridade pública.
2. Persoal destinatario.
Persoal das forzas e corpos de seguridade.
3. Número de prazas.
Sen límite.
4. Prazo de inscrición e presentación.
O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de novembro de 2025.
A listaxe de persoas seleccionadas será comunicada ao persoal admitido para a súa realización a través do espazo web persoal da http://agasp.xunta.gal
5. Desenvolvemento da actividade.
Lugar: Auditorio Abanca (Santiago de Compostela).
Data: 13 de novembro de 2025.
Horario lectivo: 9.30-14.30 horas.
6. Modificacións e incidencias.
A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 17 de outubro de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
