Ao quedaren dispoñibles varios departamentos no dominio público portuario de Malpica, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria. En todo caso, deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo co código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido. En caso contrario non será admitida, polo que se debe emendar a súa presentación e se tomará como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos excluíntes, de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.
A Coruña, 26 de setembro de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
