Na Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 499/2025 (procedemento ordinario), interposto por Cristina Millares López, fronte á desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto, de xeito directo, contra a Resolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas (DOG núm. 116, do 19 de xuño) e, de xeito indirecto, fronte á Resolución do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2022, pola que se convoca o concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, e se amplía o número de prazas (DOG núm. 239, do 19 de decembro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
