No Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 20 de decembro de 2024, publicouse a Resolución do 5 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2025 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).
O artigo 2.1 da citada resolución prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se, pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes, nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 22 de xaneiro, non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a autónomos ou empresas e, porén, existe listaxe de espera na epígrafe de persoas físicas.
O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos,
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ao Plan Renova o teu vehículo modificando a táboa do artigo 2.1 da Resolución do 5 de decembro de 2024 do seguinte xeito:
|
Tipo de beneficiario |
Aplicación |
Dotación orzamentaria |
Modificacións (€) |
Dotación orzamentaria final (€) |
|
Persoas físicas |
09.A3.733A.780.4 |
2.925.180,00 |
44.000,00 |
2.969.180,00 |
|
Autónomos ou empresas |
09.A3.733A.772.2 |
250.000,00 |
-44.000,00 |
206.000,00 |
|
Total |
|
3.175.180,00 |
0,00 |
3.175.180,00 |
Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia
