III. Outras disposicións
Consellería do Medio Rural
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A).
Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do martes 7 de outubro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Substitúense as páxinas 52691 e 52692, por non corresponder a esta orde, polo Anexo II Instrumento financeiro de xestión centralizada (IFXC), que se publica a continuación: