Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).
Mediante a Resolución do 27 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, concedendo a bolsa a un total de 250 persoas (DOG nº 171, do 5 de setembro), que se relacionan no anexo I desa resolución.
No artigo 2 da Resolución do 27 de agosto de 2025 establécese unha lista de oito persoas suplentes que se relacionan no anexo II, formada por aquelas persoas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubriren as renuncias ou baixas dalgunha persoa adxudicataria da bolsa que poidan producirse.
As oito persoas que constan a seguir figuran como persoas beneficiarias no anexo I da resolución do 27 de agosto de 2025 e presentaron escritos de renuncia á bolsa concedida, a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia:
|
Apelidos |
Nome |
DNI/Pasaporte |
Máster |
Universidade |
Créditos |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Importe total |
|
Ameijeira Dávila |
Alejandro |
*****132P |
Mecatrónica |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.000,00 € |
8.000,00 € |
|
Aparo Páez |
Juan Pablo |
*****5641 |
Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Chaer Fariñas |
Tatiana |
*****0069 |
Saúde Pública |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
De Rubertis Albarellos |
Ángeles Soledad |
*****7671 |
Enxeñaría Química e Bioprocesos |
USC |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
Duh Rodríguez |
Claudia Daniela |
*****9328 |
Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial |
UDC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
García González |
Martín |
*****2716 |
Prevención de Riscos Laborais |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Gioffre Bertoni |
Micaela Victoria |
*****7453 |
Prevención de Riscos Laborais |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Lépore González |
Diego |
*****5022 |
Economía Circular |
UVigo |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
De conformidade co disposto nos artigos 11 e 16 da Resolución do 26 de decembro de 2024, a Subdirección Xeral do Retorno, como órgano instrutor do procedemento, unha vez recibidas as renuncias ás bolsas concedidas por parte das persoas antes sinaladas, á vista da lista de persoas suplentes e unha vez verificada a aceptación da bolsa segundo a orde de puntuación, formulou a correspondente proposta de resolución para a concesión das bolsas ás oito persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa ofertada.
Vista a lista de suplentes e verificada a súa aceptación da adxudicación das bolsas, e á vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral do Retorno e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,
RESOLVO:
Artigo 1
Concederlles ás oito persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa e que se relacionan no anexo desta resolución a bolsa para cursaren os másteres que se sinalan na correspondente universidade pública galega e polo importe que se indica.
O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria nos prazos establecidos, e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 20 da resolución da convocatoria.
Artigo 2
As persoas beneficiarias destas bolsas están obrigadas ao cumprimento do establecido no artigo 21 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos destas obrigas poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total nos termos recollidos no artigo 22 da dita resolución.
Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2025
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Apelidos |
Nome |
DNI/Pasaporte |
Máster |
Universidade |
Créditos |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Importe total |
|
Nodarse Pérez |
Javier Eduardo |
*****6807 |
Enxeñaría Ambiental |
USC |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
Casás Faidén |
Agustina Constanza |
*****5319 |
Servizos Culturais |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Rodríguez Piro |
María Victoria |
*****8312 |
Xestión e Dirección Laboral |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Somoza Morchio |
Facundo Nahuel |
*****195K |
Economía |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Gómez Rodríguez |
Marcia Carolina |
*****9419 |
Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Costas Razmilic |
Facundo Sebastian |
*****7235 |
Desafíos das Cidades |
UVigo |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
Arrieta Méndez |
Adolfo Fernando |
*****3026 |
Enxeñaría Ambiental |
USC |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
González Rosa |
Guzmán Alberto |
*****6619 |
Economía |
UVigo |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
