Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte no expediente sancionador número PO-00355-S-2025 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025
Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF da persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
PO-00355-S-2025 P2817BDL |
Y9642968W |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 4.12.2024; 12.25; avenida Ramón Nieto |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-03276-O-2024 2497-DGJ |
Y1686449B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 29.10.2024; 15.54; PO-510; 0,509 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-03380-O-2024 PO-9652-BN |
Y0545975S |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 18.11.2024; 11.14; A-55; 18,6 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
