DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 7 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución de caducidade da autorización ambiental integrada outorgada a González Couceiro, S.L.U., para a ampliación da planta de valorización de residuos non perigosos en Areosa, concello de Cerceda (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación de planta de valorización de residuos non perigosos en Areosa

Procedemento: caducidade da autorización ambiental integrada

Titulares: González Couceiro, S.L.U.

Número de rexistro AAI: 2017-IPPC-I-72-330

Localización: Concello de Cerceda (A Coruña)

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2017-IPPC-I-72), ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade