DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55204

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) (código de procedemento ED001A).

Mediante a Orde do 1 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto) fíxose pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) (código de procedemento ED001A).

Contra o baremo definitivo publicado o 18.7.2025 polo tribunal número 1 da especialidade de Oficina e Proxectos de Construcción, Antonio Arregui Iglesias, NIF ****6002*, interpuxo un recurso de alzada, que foi estimado pola Resolución do 8 de setembro de 2025, cuxa parte dispositiva recolle o que segue:

«1º. Estimar o recurso presentado por Antonio Arregui Iglesias contra a resolución do baremo definitivo publicado o 18.7.2025 polo tribunal núm. 1 da especialidade de Oficina e Proxectos de Construción...

A puntuación total do seu baremo definitivo pasa a ser de cinco (5) puntos e a puntuación do concurso-oposición pasa a ser de 5.8430. Débese proceder ás modificacións oportunas que isto supón coas consecuencias derivadas dela».

En consecuencia coas actuacións citadas nos parágrafos anteriores, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Modificar a Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) (código de procedemento ED001A), colocando a Antonio Arregui Iglesias (NIF ****6002*) no número de orde 5, coa puntuación total no concurso-oposición de 5.8430 (puntuación fase oposición: 6.2644 e puntuación proba: 5). Noelia Varela Barreiro, cunha puntuación de 5.5332, pasa a ocupar o número de orde 6.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional