DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola, que figuran no cadro anexo.

A persoa interesada poderá presentar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepte ou rexeite a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que considere oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 9 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/436 modificado.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola.

Concello: Redondela.

Predio

Refª. catastral

Titular

1

3222609NG3832S0001WG

Descoñecido/a