O 6 de outubro de 2025, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou resolución pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cun dereito mineiro da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente a obras de regulamentación na LMTA VIM802, no concello de Vimianzo (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/421-1).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma ao resultar descoñecido a persoa interesada.
A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, Santiago de Compostela (Edifico Inega-San Lázaro), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO
|
Propietario/a |
Datos do predio afectado |
||||
|
Predio proxecto |
Referencia catastral |
Concello |
Lugar |
Cultivo |
|
|
Descoñecido/a |
1 |
15093A046002330000QZ |
Vimianzo |
Gándara Vella |
Rústico |
