DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2024/260-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 5 de setembro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VIM804-apoio 9FM8WOWM//16, no concello de Vimianzo (expediente IN407A2024/260-1).

O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 6 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Vimianzo

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

3

Lg. Urroa. Ref. catastral: 15093B501010650000JY

Rústico/ agrario

Herdeiros de Francisco González Soto

P3

2.0