DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55283

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Traspielas

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral.

María de los Milagros Casal Blanco, con NIF ***0347**, veciña de Fornelos de Montes, domiciliada en Traspielas, convoca os veciños de Traspielas da parroquia de Traspielas, á xunta xeral que terá lugar o vindeiro día 8 de novembro de 2025, ás 11.00 e ás 11.30 horas en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa do Pobo de Traspielas, pertencente ao concello de Fornelos de Montes-Pontevedra, coa seguinte orde do día:

1º. Constituírse en Comunidade de Usuarios de Traspielas.

2º. Facer relación nominal de usuarios e elección da Xunta de Goberno.

3º. Sentar bases para a confección dos estatutos.

4º. Solicitar ao organismo de bacía a concesión de auga.

5º. Rogos e preguntas.

Fornelos de Montes, 30 de setembro de 2025

María de los Milagros Casal Blanco
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Traspielas