DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55282

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa Gallega de Criadores y Productores de Conejos, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

Con data do 30 de setembro de 2025, na sede social da cooperativa, con domicilio no Centro de Procesado Avícola (CPA), Santa Cruz de Arrabaldo, 32990 Ourense, acordouse por unanimidade, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, proceder á disolución da cooperativa, cesar a totalidade dos membros do consello reitor e, baixo o disposto no número 1 do artigo 89 da Lei de cooperativas de Galicia e nos estatutos sociais da cooperativa, acordouse, por unanimidade, que as funcións do órgano de liquidación sexan asumidas polos seguintes socios: Juan Conde González, Manuel Grande Casares e Juan Antonio Fuentes Gómez.

O anterior comunícase para o xeral coñecemento das persoas interesadas baixo o disposto no artigo 86 e seguintes da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Ourense, 30 de setembro de 2025

Juan Conde González
Manuel Grande Casares
Juan Antonio Fuentes Gómez
Liquidadores da Cooperativa Gallega de Criadores
y Productores de Conejos, S. Coop. Galega