DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55279

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal de investigación.

Convócase o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal de investigación:

– 1 investigador/a (júnior) en tecnoloxías de detección de radiación cósmica e o efecto nos sistemas de computación cuántica. Referencia: PERTE47-25-INV-TRCSCC.

– 1 investigador/a en simulación cuántica analóxica de interacción de alta enerxía. Referencia: PERTE47-25-INV-SCAE.

Contratos de actividades científico-técnicas previstos no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa. Aplícase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases dos procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia