DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha (1) praza de administrativa/o.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1151/2025, do 24 de setembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, mediante o sistema de oposición, correspondente á oferta de emprego público 2025, coas seguintes características:

Denominación da praza

Administrativa/o

Réxime

Funcionaria/o de carreira

Escala

Administración xeral

Subescala

Administrativa

Área

Urbanismo

Grupo/subgrupo

C1

Nivel

22

Sistema selectivo

Oposición

Quenda de acceso

Libre

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 188, do 2 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 2 de outubro de 2025

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa