DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO do 3 de outubro de 2025 de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade das persoas responsables de xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

12.9.2023

32076A00500607

San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso), San Cibrao das Viñas, Ourense

005

00607

Descoñecida

14.9.2023

32076A00900395

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

009

00395

Descoñecida

14.9.2023

32076A00900503

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

009

00503

Descoñecida

14.9.2023

32076A00900621

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

009

00621

Descoñecida

18.9.2023

32076A01400083

Pazos de San Clodio (San Clodio), San Cibrao das Viñas, Ourense

014

00083

Descoñecida

14.9.2023

32076A02600131

Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz), San Cibrao das Viñas, Ourense

026

00131

Descoñecida

13.9.2023

32076A03200762

Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz), San Cibrao das Viñas, Ourense

032

00762

Descoñecida

4.9.2023

32076A03300285

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

033

00285

Descoñecida

10.9.2023

32076A03700184

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

037

00184

Descoñecida

10.9.2023

32076A03700185

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

037

00185

Descoñecida

10.9.2023

32076A03700534

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

037

00534

Descoñecida

13.9.2023

32076A04000193

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

040

00193

Descoñecida

13.9.2023

32076A04100457

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

041

00457

Descoñecida

13.9.2023

32076A04100497

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

041

00497

Descoñecida

13.9.2023

32076A04100499

Noalla (San Salvador), San Cibrao das Viñas, Ourense

041

00499

Descoñecida

13.9.2023

32076A04200088

Rante (Santo André), San Cibrao das Viñas, Ourense

042

00088

Descoñecida

11.9.2023

32076A05000120

Gargantós (Santa Comba), San Cibrao das Viñas, Ourense

050

00120

Descoñecida

11.9.2023

32076A05100438

Gargantós (Santa Comba), San Cibrao das Viñas, Ourense

051

00438

Descoñecida

8.9.2023

32076A05200038

Gargantós (Santa Comba), San Cibrao das Viñas, Ourense

052

00038

Descoñecida

8.9.2023

32076A05300053

Gargantós (Santa Comba), San Cibrao das Viñas, Ourense

053

00053

Descoñecida

21.9.2023

32076A05400128

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

054

00128

Descoñecida

21.9.2023

32076A05400131

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

054

00131

Descoñecida

19.9.2023

32076A05600517

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

056

00517

Descoñecida

19.9.2023

32076A06600419

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

066

00419

Descoñecida

19.9.2023

32076A06600421

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

066

00421

Descoñecida

19.9.2023

32076A06600457

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

066

00457

Descoñecida

14.9.2023

32076A06600802

Rante (Santo André), San Cibrao das Viñas, Ourense

066

00802

Descoñecida

19.9.2023

32076A06600834

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

066

00834

Descoñecida

19.9.2023

32076A06700031

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

067

00031

Descoñecida

19.9.2023

32076A06800048

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

068

00048

Descoñecida

19.9.2023

32076A06800066

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

068

00066

Descoñecida

9.9.2023

32076A50100657

Soutopenedo (San Miguel), San Cibrao das Viñas, Ourense

501

00657

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión da biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistiren no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2023/32076A00500607

32076A00500607

0,0643

874,91 €

56,21 €

2023/32076A00900395

32076A00900395

0,0123

3.545,82 €

43,72 €

2023/32076A00900503

32076A00900503

0,0067

3.545,82 €

23,72 €

2023/32076A00900621

32076A00900621

0,0035

3.953,15 €

13,87 €

2023/32076A01400083

32076A01400083

0,0132

874,91 €

11,51 €

2023/32076A02600131

32076A02600131

0,0151

2.056,00 €

31,02 €

2023/32076A03200762

32076A03200762

0,0179

3.545,82 €

63,38 €

2023/32076A03300285

32076A03300285

0,0091

874,91 €

7,99 €

2023/32076A03700184

32076A03700184

0,0153

874,91 €

13,41 €

2023/32076A03700185

32076A03700185

0,0253

874,91 €

22,09 €

2023/32076A03700534

32076A03700534

0,0175

874,91 €

15,35 €

2023/32076A04000193

32076A04000193

0,0084

2.056,00 €

17,20 €

2023/32076A04100457

32076A04100457

0,0035

3.953,15 €

14,02 €

2023/32076A04100497

32076A04100497

0,0401

3.953,15 €

158,56 €

2023/32076A04100499

32076A04100499

0,0190

3.953,15 €

75,28 €

2023/32076A04200088

32076A04200088

0,0374

3.953,15 €

148,02 €

2023/32076A05000120

32076A05000120

0,0128

3.545,82 €

45,37 €

2023/32076A05100438

32076A05100438

0,0244

2.056,00 €

50,15 €

2023/32076A05200038

32076A05200038

0,0022

2.056,00 €

4,61 €

2023/32076A05300053

32076A05300053

0,0504

3.545,82 €

178,84 €

2023/32076A05400128

32076A05400128

0,0054

3.953,15 €

21,20 €

2023/32076A05400131

32076A05400131

0,0056

3.953,15 €

22,04 €

2023/32076A05600517

32076A05600517

0,2708

3.545,82 €

960,08 €

2023/32076A06600419

32076A06600419

0,0194

3.953,15 €

76,64 €

2023/32076A06600421

32076A06600421

0,0918

3.953,15 €

363,03 €

2023/32076A06600457

32076A06600457

0,0088

2.056,00 €

18,04 €

2023/32076A06600802

32076A06600802

0,3185

3.545,82 €

1.129,40 €

2023/32076A06600834

32076A06600834

0,0048

2.056,00 €

9,78 €

2023/32076A06700031

32076A06700031

0,0299

2.056,00 €

61,43 €

2023/32076A06800048

32076A06800048

0,0185

3.545,82 €

65,67 €

2023/32076A06800066

32076A06800066

0,0288

3.545,82 €

102,03 €

2023/32076A50100657

32076A50100657

0,0191

874,91 €

16,70 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

San Cibrao das Viñas, 3 de outubro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa