DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 2025 Páx. 55533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de setembro de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Amares Mariña, S.L.U., de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante (expediente 14-05-25-C-2).

A presidencia de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Amares Mariña, S.L.U., de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o
procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun
suxeito non obrigado.

O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles,
contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de
Galicia
.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública

Lugo, 30 de setembro de 2025

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte