DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 2025 Páx. 55534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle para agrupamento de parcelas no parque empresarial Lalín 2000.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo o día 15 de setembro de 2025, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a solicitude de agrupamento de parcelas no parque empresarial Lalín 2000 (parcelas 9554709NH6295S, 9554708NH6295S e 9554707NH6295S), redactado polo arquitecto Ignacio Lampaya Nasarre, co número de colexiado 22.935 do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), asinado con data do 12 de agosto de 2025 por instancia da empresa Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U., con CIF B-36667725, representada por Ignacio Lampaya Nasarre, con DNI ***0790** (expediente 3616/2025).

Conforme o disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O estudo de detalle poderá ser consultado no Servizo de Urbanismo do Concello de Lalín, sito na praza de Galicia, nº 1, Lalín (Pontevedra).

Lalín, 30 de setembro de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 23.7.2025; BOP do 29 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro de Urbanismo