De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Ref. catastral Polígono/Parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1505-2025) Resolución de inicio O.E. do 2.10.2025 |
36043A043001280000JM (polígono 43-parcela 128) |
A Insua Ponte Caldelas |
Ebelisa Baqueiro Garrido |
|
Orde de execución (exp. 1176-2025) Resolución de inicio O.E. do 2.10.2025 |
36043A019001280000JT (polígono 19-parcela 128) |
A Reigosa-Tourón Ponte Caldelas |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1507-2025) Resolución de inicio O.E. do 3.10.2025 |
36043A043001200000JB (polígono 43-parcela 120) |
A Insua Ponte Caldelas |
Julia Baine Parada |
|
Orde de execución (exp. 1510-2025) Resolución de inicio O.E. do 3.10.2025 |
36043A043001440000JZ (polígono 43-parcela 144) |
A Insua Ponte Caldelas |
Aldina Cima Cendón |
|
Orde de execución (exp. 1512-2025) Resolución de inicio O.E. do 3.10.2025 |
36043A043001480000JA (polígono 43-parcela 148) |
A Insua Ponte Caldelas |
Pilar Hermida Amoedo |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación ás persoas interesadas, a cuxo fin se lles comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infructuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais das parcelas.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria, en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e os custos repercurtirán nas persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 3 de outubro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
