A Xunta de Goberno Local do Concello de Redondela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
– Aprobación da oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2024, dispoñendo que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Diario Oficial de Galicia.
En cumprimento do citado acordo, publicouse a oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2024, no BOPPO núm. 250, do 27 de decembro de 2024, cuxas prazas que se ofertan son as seguintes:
– Quenda libre:
A) Persoal funcionario de carreira, a tempo completo.
|
Prazas |
Denominación |
Escala |
Subescala |
Clase |
Categoría |
Grupo-subgrupo |
|
1 |
Encargado/a xeral |
Admón. especial |
Servizos especiais |
Persoal oficios |
Encargado/a |
C1 |
B) Persoal laboral fixo, a tempo completo.
|
Prazas |
Denominación |
Categoría |
Grupo-subgrupo |
|
1 |
Operario/a de xardíns |
Operario/a |
Disposición adicional 6ª |
– Quenda promoción interna:
A) Persoal funcionario de carreira, a tempo completo.
|
Prazas |
Denominación |
Escala |
Subescala |
Clase |
Categoría |
Grupo-subgrupo |
|
1 |
Oficial da Policía Local |
Básica |
Servizos especiais |
Oficial |
Oficial |
C1 |
O prazo máximo para a execución dos correspondentes procesos selectivos será de 3 anos contado desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, a sección sindical da CIG presentou recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, con data do 23 de xaneiro de 2025 e rexistro de entrada neste concello número 2025-E-RE-589, que foi resolto pola Resolución da Alcaldía 2025-3451, con data do 15 de setembro de 2025.
Contra a anterior resolución poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), directamente, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á data de notificación desta resolución.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedentes conforme o dereito.
Redondela, 14 de outubro de 2025
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa
