De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente 5582-F-347 e nove máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data do oficio |
|
5582-F-347 |
Ramón García Villaverde |
10.10.2025 |
|
4377-F-328 |
José López Blanco, Agustín Pulleiro Sueiro, Carmen Blanco Calvo, Francisco Fuentes, Jesús Gómez, Juan Varela Gestal, Pedro Brandariz, Ricardo Calvo Pena, Segunda Blanco Calvo, Tomás Candal Blanco |
10.10.2025 |
|
E-1141-C |
Jesús Barreiro Recouso e Ramón Pena Ríos |
10.10.2025 |
|
E-1196-C |
José Barreira Recouso |
10.10.2025 |
|
E-1333-C |
José Juncal Gende |
10.10.2025 |
|
E-1971-M |
José Escariz Expósito, Ramón Castiñeira Carreira e Jesús Castieñeira Espiño |
13.10.2025 |
|
E-1969-M |
Jesús Quintía Pardo, José Gómez Camoira e Manuel Vázquez Carrera |
13.10.2025 |
|
1623-F-658 |
Elena Agra Vázquez |
13.10.2025 |
|
E-78-3610-L |
Daniel Varela Varela, Enrique García González, herdeiros de Benito Varela Hedreira y Dolores Bernárdez, herdeiros de Joaquina González, herdeiros de José Costa e Benita Varela, herdeiros de José e Manuel Costa Fernández, herdeiros de María Josefa Costa Fernández, Julio González Amor, Manuel Rodríguez Penas |
13.10.2025 |
|
E-54-6254-L |
María del Carmen García Santos |
13.10.2025 |
