En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:
Solicitante: Valeriano Sixto Díaz.
NIF: ***9301**.
Expediente: DH.W27.93476.
Lugar: Pumariños.
Parroquia: Cordido.
Concello: Foz.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten no peche do predio, no acondicionamento de camiños e nun paso salvafoxos, na parcela con referencia catastral 27019A046001680000TZ, na zona de policía do río Moucide.
A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 30 de setembro de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
