DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212E/2025/00556 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

Pontevedra, 10 de outubro de 2025

A directora territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.6.2025)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-PR212E/2025/00556

GC026138

PO-PR212B/2025/00605

A02618237

PO-PR212E/2025/00651

34940230X

PO-PR212E/2025/00743

X8185397L

PO-PR212E/2025/00743

35487292V

PO-PR212E/2025/01172

33298702S

PO-PR212B/2025/001886

77002450Z