De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, teráselles por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.
O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Pontevedra, 10 de outubro de 2025
A directora territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.6.2025)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212A/2025/01746 |
77424092C |
|
PO-PR212A/2025/01746 |
Z1739593Q |
