De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
Pontevedra, 10 de outubro de 2025
A directora territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.6.2025)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212E/2025/01717 |
D468106 |
|
PO-PR212E/2025/01758 |
AAD319678 |
|
PO-PR212E/2025/01928 |
Z1146902N |
|
PO-PR212E/2025/01996 |
14AF22031 |
