DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212A/2025/01072 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución do expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

Pontevedra, 10 de outubro de 2025

A directora territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.6.2025)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-PR212A/2025/01072

RD6529269

PO-PR212A/2025/01072

60651576R

PO-PR212A/2025/01106

179868575

PO-PR212A/2025/01106

35466038S