DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56082

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025 polo que se fai público o acordo das respectivas comisións de selección do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura de diversos postos, como persoal laboral fixo, en que se fixan as datas e o lugar de realización dos exercicios da primeira fase do proceso.

Por acordo das respectivas comisións de selección do proceso selectivo arriba indicado, faise pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios correspondentes á primeira fase do proceso selectivo (proba escrita de coñecementos), para a cobertura dos postos que se indican:

• 4 postos de arquitecto:

– Data e hora: 17 de novembro de 2025, ás 10.00 horas.

– Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, nº 2, planta baixa, aula nº 2 (Santiago de Compostela).

• 2 postos de técnico xurídico:

– Data e hora: 20 de novembro de 2025, ás 10.00 horas.

– Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, nº 2, planta baixa, aula nº 2 (Santiago de Compostela).

• 2 postos de administrativo:

– Data e hora: 21 de novembro de 2025, ás 10.00 horas.

– Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, nº 2, planta baixa, aula nº 2 (Santiago de Compostela).

As persoas aspirantes deberán presentarse provistos do documento nacional de identidade ou documento acreditativo equivalente, e do material permitido, conforme as bases da convocatoria.

A relación de persoas aspirantes admitidas e excluídas está publicada na páxina web da sociedade (www.vivendapublica.gal), onde se publicarán as cualificacións dos exercicios, así como os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

Ángel Rodríguez González
Presidente das respectivas comisións de selección