DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56080

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANEXO I

Relación de convenios subscritos polo Consorcio Galego de Servizos
de Igualdade e Benestar no segundo cuadrimestre do ano 2025

Convenio

Achega total do CGSIB

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Taboadela para o financiamento de obras de mellora interior no Fogar Residencial do concello de Taboadela

47.987,38 €

8.5.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ribadeo para o financiamento de obras de mellora no Centro de Día do concello de Ribadeo

59.815,78 €

8.5.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oímbra para o financiamento de obras de mellora no Centro de Día do concello de Oímbra

20.900,00 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ortigueira para o financiamento de actuacións de mellora na Residencia de Maiores do concello de Ortigueira

48.000,00 €

19.5.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Pastoriza para o financiamento da redacción do proxecto básico do Fogar Residencial e Centro de Día do concello da Pastoriza

18.070,14 €

20.5.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oroso para o financiamento da renovación do mobiliario do local das persoas maiores do concello de Oroso

17.941,88 €

12.6.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Arbo para o financiamento de obras de reforma e ampliación dunha edificación existente para o Centro de atención á infancia do concello de Arbo

86.200,70 €

19.6.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Chantada para o financiamento da reforma da cociña e da lavandaría da escola infantil do concello de Chantada

47.804,68 €

20.6.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Carnota para o financiamento de melloras na escola infantil do concello de Carnota

29.999,45 €

26.6.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento de melloras na escola infantil do concello de Oza-Cesuras

19.999,99 €

26.6.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Muíños para o financiamento de melloras no edificio e instalacións da Residencia de maiores Virxe da Clamadoira do concello de Muíños

33.000,00 €

21.7.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oímbra para o financiamento da adquisición dun elevador portátil para o acceso de persoas con mobilidade reducida á piscina municipal do concello de Oímbra

13.130,62 €

30.7.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Lama para o financiamento do acondicionamento da contorna e adquisición do mobiliario exterior do Centro de Día e Fogar Residencial do concello da Lama

68.571,80 €

4.8.2025

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Outes para o financiamento de obras de reparación e mellora no Centro de Día do concello de Outes

19.150,67 €

8.8.2025