DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56270

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de persoal de xestión e servizos do Hospital Público da Mariña.

Convocada pola Resolución do 10 de marzo de 2025 (DOG núm. 58, do 25 de marzo), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de cociña do Hospital Público da Mariña; de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de cociña do Hospital Público da Mariña convocada pola Resolución do 10 de marzo de 2025.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Cuarto. A persoa aspirante nomeada será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. Do resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes nos termos establecidos segundo a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 13 de outubro de 2025

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo,
A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: xefe/a de cociña.

Centro: Hospital Público da Mariña.

Nome e apelidos: Rocío Souto Franco.

DNI (*): ***9728**.

(*) Ocultase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.