DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56258

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de outubro de 2025, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se declaran actuacións administrativas automatizadas no ámbito da certificación das accións formativas do profesorado.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 205, do xoves 23 de outubro de 2025, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 55067, nos puntos terceiro e cuarto, onde di: «selo electrónico denominado «DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA»», debe dicir: «selo electrónico denominado «DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS»».