Antecedentes:
Primeiro. Mediante escritos do 3 de outubro de 2025, María Jesús Cruz Bernárdez (***1300**), no nome e representación de Conservas Cruz Mar, S.A. (A36008191), solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Davila III, Crupe VIII, Cruz I e Miranda I.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. Pola Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Consellería do Mar, autorizouse a constitución dun dereito de hipoteca sobre as concesións de actividade das bateas Cruz I (Bueu, A, 62), Miranda I (Bueu, A, 69) e doce máis. A escritura de constitución de hipoteca, a favor de NCG Banco, S.A., formalizouna o 16 de marzo de 2012 o notario José Luis Espinosa de Soto, co número 317 do seu protocolo.
Cuarto. O 22 de outubro de 2025, a directora territorial de Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.
Quinto. O informe da Subdirección Xeral de Acuiculutra sobre a tramitación dos expedientes é favorable.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).
Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Cruz Cal, S.L. (B22926653), das concesións administrativas das seguintes bateas:
Nome: Davila III.
Situación:
Cuadrícula número: 7.
Polígono: A.
Distrito: Bueu (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 28.8.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Conservas Cruz Mar, S.A. (A36008191).
Nova titular: Cruz Cal, S.L. (B22926653).
Nome: Crupe VIII.
Situación:
Cuadrícula número: 23.
Polígono: A.
Distrito: Vigo (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 12.6.1959.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Conservas Cruz Mar, S.A. (A36008191).
Nova titular: Cruz Cal, S.L. (B22926653).
Nome: Cruz I.
Situación:
Cuadrícula número: 62.
Polígono: A.
Distrito: Bueu (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 12.9.1980.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Conservas Cruz Mar, S.A. (A36008191).
Nova titular: Cruz Cal, S.L. (B22926653).
Nome: Miranda I.
Situación:
Cuadrícula número: 69.
Polígono: A.
Distrito: Bueu (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 3.7.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Conservas Cruz Mar, S.A. (A36008191).
Nova titular: Cruz Cal, S.L. (B22926653).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).
Vigo, 23 de outubro de 2025
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
