DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 91/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Ferrol polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 91/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos a referida xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal