De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a persoa interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase a persoa interesada que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo de Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 14 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PI2021_P1_IN622B_51.
NIF da persoa interesada: H15265937.
Acto de notificación: primeira (1ª) multa coercitiva.
Concello: Ferrol.
